martes, 11 de agosto de 2009

Feira Medieval de Mondoñedo

A segunda fin de semana de agosto acudimos á feira medieval de Mondoñedo. É a segunda vez que imos e, como aconteceu no 2008, volvimos moi contentas. O noso posto estivo no mesmo lugar: na esquina da rúa Lence Santar (ó lado da cafetería do Rei das Tartas da Praza da Catedral). Os edredóns de cuna, os gardatesoiras e os bolsos foron os produtos que tiveron máis éxito entre os visitantes. Durante estes dous días Mondoñedo recuperou o esplendor do Medievo e, ainda que non fixo tan bó tempo coma na edición anterior, centos de persoas acudiron ó evento. Podedes ver máis fotografías nesta páxina.
Varias amigas achegáronse ata esta vila de Lugo e mesmo se nos presentaron dúas novas e inesperadas propostas pra este verán: a feira de artesanía de Palas de Rei e unha mostra en San Miguel de Reinante.




* El segundo fin de semana de agosto fuimos a la Feria medieval de Mondoñedo. Es la segunda vez que vamos y, como ocurrió en el 2008, volvimos muy contentas. Nuestro puesto estuvo en el mismo lugar: en la esquina de la calle Lence Santar (al lado de la cafetería del Rei das Tartas en la Plaza de la Catedral). Los edredones de cuna, los guardatijeras y los bolsos fueron los productos que tuvieron máis éxito entre los visitantes. Durante estos dos días, Mondoñedo recuperó el esplendor del Medievo y, aunque non hizo tan buen timepo como en la edición anterior, cientos de personas acudieron al evento. Podéis ver más fotografías en esta página. Varias amigas se acercaron hasta este localidad de Lugo e incluso se nos presentaron dos nuevas e inesperadas propuestas para este verano: la feria de artesanía de Palas de Rei y una muestra en San Miguel de Reinante.

2 comentarios:

  1. FELICIDADES FAMILIA!!! Non tiña nin idea que tiñamos en Cangas este monton de artistas pra min anonimas, pero a partir de oxe seguirei ös vosas exposicions, que por cierto son preciosas. Alegrome moito que puiderades formar un "novo centro" ¿admitides visitas aunque señan cortas?
    Espero seguir en contacto desde ahora pasovos a favoritos. A miña gramatica e muy mala pero entendedelo ¿verda? Un abrazo a todas e
    ¡aupa cangas! Chelita

    ResponderEliminar
  2. Mulleres artesanas14 de mayo de 2010, 16:23

    Hola chelita. Moitas gracias polos teus halagos, xa fai 5 anos que estamos na casa azul... Pasa a vernos cando queiras. Estamos as tardes do mércores, os sábados e domingos. Si che gusta o patchwork podes ir a reciclar roupa vella alí, porque en realidade trátase deso: dunha terapaia ocupacional e sostible.
    Bicos para Lolita e Chela

    ResponderEliminar